Saltar ao contido

José Antonio Landín Eirín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Antonio Landín Eirín
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Barro, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Barro
1995 – 2015 – Xosé Manuel Fernández Abraldes →
Alcalde de Barro
1983 – 1992 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barro Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

José Antonio Landín Eirín, nado en Barro o 13 de xuño de 1948, é un médico xubilado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina e traballou no Complexo Hospitalario de Pontevedra. En 1979 encabezou a candidatura de Coalición Democrática en Barro e foi elixido concelleiro. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi elixido alcalde por maioría simple. En 1987 e 1991 foi reelixido con maioría absoluta. En 1989 a Audiencia Provincial de Pontevedra condenouno a seis anos e un día para o desempeño de cargos públicos por un delito de prevaricación.[1] A sentenza fíxose efectiva en maio de 1992, cedendo en outubro o seu cargo ao entón tenente de alcalde Juan Manuel Salgado Feijoo.[2] Nas eleccións de 1995 foi a súa muller, María Teresa Roig, quen encabezou a lista do Partido Popular, logrando a alcaldía con maioría absoluta e sendo Landín o seu asesor.

Volveu á alcaldía tralas eleccións municipais de 1999, logrando de novo a maioría absoluta á fronte do PPdeG. Revalidou a alcaldía en 2003, 2007 e 2011, tamén con maioría absoluta. Nas eleccións de 2015 perdeu a maioría absoluta, polo que tivo que cederlle a alcaldía ó candidato do BNG Xosé Manuel Fernández Abraldes.[3]

No ano 2005 presentou un proxecto para construír o chamado "Monumento Nacional ao Inmaculado Corazón de María", un obelisco de 38 metros de altura, no alto do monte da Chan, sobre un asentamento arqueolóxico de tipo castrexo.[4]

Foi deputado provincial e membro da directiva provincial do PPdeG de Pontevedra[5].

Volveu encabezar a candidatura do PPdeG en Barro nas municipais de 2019 perdendo un concelleiro en beneficio do BNG, que revalidou a alcaldía con maioría absoluta. No ano 2022 e tras unha disputa coa dirección provincial do partido abandonou o PPdeG, ficando coa acta de concelleiro e xunto con outros dous ex concelleiros populares fundou un novo partido político a nivel autónomico chamado Xuntos por Galicia. Encabezou esta formación en Barro nas eleccións municipais de 2023 logrando 2 concelleiros, sendo a terceira forza política tralo BNG (que consevou a alcaldía) e o PSdeG-PSOE, se ben quedou por diante do PPdeG.


Predecesor:
Manuel Pereira Gago
 
Alcalde de Barro
 
1983 - 1992
Sucesor:
Juan Manuel Salgado Feijoo
Predecesor:
María Teresa Roig Olona
 
Alcalde de Barro
 
1999 - 2015
Sucesor:
Xosé Manuel Fernández Abraldes

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casado con María Teresa Roig Olona e ten tres fillos.[6]

  1. Barro, Concello de (1992-05-12). "Acta de sesión 1992/05/12_Extraordinaria". atopo.depo.gal (en Galician). Consultado o 2022-06-28. [Ligazón morta]
  2. Barro, Concello de (1992-10-10). "Acta de sesión 1992/10/10_Extraordinaria". atopo.depo.gal (en Galician). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2022. Consultado o 2022-06-28. 
  3. Barro (2015-06-06). "Xosé Manuel Fernández Abraldes novo Alcalde do Concello de Barro". NOTICIAS DE BARRO. Consultado o 2022-06-28. 
  4. BARRAL, C. (21/01/2005). www.lavozdegalicia.es, ed. "Landín apoya levantar un obelisco de 38 metros sobre el castro de A Chan". Arquivado dende o orixinal o 02/03/2014. Consultado o 18/12/2010.  (en castelán)
  5. www.pppontevedra.com (ed.). "Directiva provincial". Arquivado dende o orixinal o 11/07/2015. Consultado o 10/07/2015. 
  6. www.elcorreogallego.es (ed.). "Regidores en la provincia de Pontevedra". Arquivado dende o orixinal o 03/02/2012. Consultado o 18/12/2010.  (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]